Etiquetas
foanpas, jornadas, redes, sociais, sociales, tecnologia, tecnoloxia, xornadas
POSPOSTO
Lamentablemente non houbo suficiente demanda por parte dos pais.
Informámosvos que FOANPAS organiza a I Xornada sobre REDES SOCIAIS o vindeiro venres 22 de abril no Salón de Actos do IME, sito en Camiño do Chouzo, nº 2(Vigo), dende as 16:30 horas ata as 20:00 horas da tarde.
Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público (nais/pais, mestres/as, directores/as, orientadores/as, etc.), nas que se falará das redes sociais, do seu uso, das consecuencias dun mal uso, da responsabilidade das familias na educación sobre o seu uso, das posibles adiccións ás novas tecnoloxías …
Intervirán Antonio Rial Boubeta, profesor da USC que falará sobre “Internet: escolares galegos/as en risco?” e María Lobo e Roi Guitián, de Gingko, comunicación e educación que se centrarán en “As Novas Tecnoloxías como ferramenta de traballo na aula
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 22 de outubro. Prazas limitadas!!