Pinga a pinga, pensa en verde

Como parte do proxecto anual, a primeira actividade na que participou o alumnado do CEIP Castelao foi a xuntanza no monte.

Ademais das publicacións que poderedes atopar no blogue da biblioteca (http://biblionavia.blogspot.com), estes días diferentes medios publicaron novas e vídeos relacionados coa visita do día 19 aos montes de Valadares de varios centros da cidade.

 

Vigoé: Preto de 1.300 escolares de Vigo abrazan o monte

CRTVG

Faro de Vigo

____________________________________________________________________________________________

PATRULLA ANTI-PRAGAS EN ACCIÓN

Coidamos as árbores novas da nosa escola.

Como lembraredes, os Reis Magos deixaron unhas árbores novas no noso xardín. Dende a pasada semana, todos os nenos e nenas do colexio están a pasar por alí para coidar ou plantar.

A semana pasada, aproveitando o bo tempo, os máis cativos convertéronse nunha auténtica patrulla anti-pragas. Axudados polos monitores, estiveron a sementar allos arredor das árbores, a modo de barreira. Deste xeito, quedarán protexidas contra posibles agresións.

Na seguinte imaxe podedes ver a actividade desenvolvida polos cativiños de 3 a 4 anos.

E nestoutra tendes ós de 1º de Primaria:

Pola súa banda, os maiores axudaron a plantar árbores de mediano porte. (Premede para ver máis imaxes).

Fonte: http://biblionavia.blogspot.com/2019/01/patrulla-anti-pragas-en-accion.html

 

Anuncios