Información actividades curso 2017-18

Contacto: 604 004 656

Prégase o uso de Whatsapp ou SMS para dar avisos.


Observacións e alerxias:
É obrigatorio comunicar por escrito á Directiva da ANPA, calquera tipo de alerxia ou observación particular que atinxa aos nen@s nas actividades.

Recollida das actividades extraescolares:
Cada monitor encargarase da recollida e entrega do alumnado ás familias ou monitores da seguinte actividade.

Forma de pago das actividades:
A forma de pago é mediante domiciliación bancaria á empresa organizadora da actividade correspondente, excepto no caso de días soltos para a ludoteca ou aula matinal.

Para calquera dúbida durante o curso, podedes poñervos en contacto a través do correo electrónico anpaomuino@gmail.com ou no horario de atención da ANPA (martes de 16:30 a 18:00).


Actividades extraescolares propostas para o curso 2017-18

Partimos de que cada neno é único e é necesario que desenvolva a súa personalidade. Partimos da experiencia e interese do neno/grupo sen esquecer que somos seres sociais que vivimos en sociedade, aprendendo a relacionarse cos demais e o seu entorno.

Baile:

Combinación de diferentes estilos de danza, como danza clásica, contemporánea, Jazz, Break Dance, Tango, Cabaret, Tradicional galega. Así como elementos doutras disciplinas aplicadas a danza, como Capoeira, mimo, acrobacia, ioga, etc…

Impartido por Pia Nicoletti.

Baloncesto:

Dirixido a alumnado de primaria, a actividade traballa os conceptos básicos e normas do baloncesto. Permite desenvolver as capacidades propias do corpo: forza, elasticidade, resistencia, integración, adaptación, así como un desenvolvemento harmónico e funcional de todo o seu organismo.

Impartido por Escolas Deportivas Seis do Nadal.

Balonmán:

Dirixido a alumnado de primaria, a actividade traballa os conceptos básicos e normas do balonmán. Permite desenvolver as capacidades propias do corpo: forza, elasticidade, resistencia, integración, adaptación, así como un desenvolvemento harmónico e funcional de todo o seu organismo.

Impartido por Escolas Deportivas Deputación de Pontevedra.

Fútbol:

Dirixido a alumnado de primaria, a actividade traballa os conceptos básicos e normas do fútbol. Permite desenvolver as capacidades propias do corpo: forza, elasticidade, resistencia, integración, adaptación, así como un desenvolvemento harmónico e funcional de todo o seu organismo.

Impartido por Escolas deportivas Deputación de Pontevedra.

Fútbol sala:

Dirixido a alumnado de primaria, a actividade traballa os conceptos básicos e normas do fútbol sala. Permite desenvolver as capacidades propias do corpo: forza, elasticidade, resistencia, integración, adaptación, así como un desenvolvemento harmónico e funcional de todo o seu organismo.

Impartido por Valkirias FS.

Inglés:

Coñecer o inglés básico a través de situacións cotiás, sesions faladas a través de xogos favorecendo a aprendizaxe de forma natural e divertida.

Impartido por Iria Lugilde.

JumpingClay:

Actividade plástica de modelaxe con arcilla polimérica e temática mensual. Desenvolve a creatividade, autoestima, a atención e o proceso psicomotor. A partir de 4 anos.

Impartido Jumping Clay Vigo.

Kith english & activities:

Cun método de aprendizaxe natural, cuxo obxectivo principal é a práctica da linguaxe oral e a aprendizaxe a través da diversión, facilitando unha óptima asimilación do idioma. En sesións dinámicas e amenas que buscarán o dominio da expresión e comprensión da lingua.

Impartido por Kith & Activities.

Mindfulness: Ioga + intelixencia emocional:

Alentando a capacidade de exploración e improvisación, priorizando a expresión dos seus sentimentos e ideas.
Mellora da capacidade de atención, aumento da concentración, prevención de condutas agresivas e violentas, desenvolvemento dunha sa autoestima, aumento do coñecemento, desenvolvemento da empatía e afirmación e manexo do control emocional.

Impartido por Punto&aparte, Psicología y Logopedia.

Multideporte:

Coñecementos básicos de diferentes deportes, desenvolvemento das habilidades motrices, do esquema corporal e a coordinación. Valor do esforzo e da disciplina. Aceptación da derrota. Diversión, socialización e integración racial, física e psíquica.

Impartido por Enpé.

Música:

Expresión corporal integrada na dinámica musical, desenvolvemento psicomotor. Impartido por Escola Municipal de Música.

Patinaxe:

Expresión corporal, usando o corpo como medio creador e de coñecemento espacial do corpo. Impartido por IMD.

Pintura e debuxo:

Óleo e outras técnicas. Desenvolvemento da creatividade e da capacidade creadora. Potencia a psicomotricidade fina e a autoestima.

Impartido por Sara Núñez.

Robótica:

Deseño e construción de robots, impresión 3D e programación. Clases bilingües traballando creatividade, pensamento crítico e traballo en equipo.

Impartido por Play Code.

Taller artístico:

Acuarela en base húmida e pastel e modelado en arxila de chamota.
Desenvolve a túa capacidade creadora a través do xogo libre de modelos, comparacións e xuízos.
A educación artística é unha necesidade individual porque nos permite adquirir competencias e rutinas en consonancia coa natureza social do ser humano e que son imprescindibles para todas as aprendizaxes.

Impartido por Isabel Campos.

Teatro:

Expresión corporal, traballando o movemento como ferramenta creadora, o coñecemento do corpo no espazo, sesións de mimo e sesións de acrobacia.
Bases do teatro textual, adestramento vocal, improvisación e montaxe.

Impartido por Pia Nicoletti.

Tenis:

Dirixido a alumnado de primaria, a actividade traballa os conceptos básicos e normas do tenis. Permite desenvolver ao máximo todas as capacidades propias do corpo: forza, elasticidade, resistencia, integración, adaptación, así como un desenvolvemento harmónico e funcional de todo o seu organismo.

Impartido por IMD.

 

Anuncios