Como peces en el agua 2016/2017

“La mente no es una vasija por llenar, sino un fuego por encender”

Plutarco

A piques de rematar este curso escolar 2016/2017 é intevitabel facer balance deste proxecto que nace da necesidade dunha nai e a súa filla e extendeuse, primeiro, a un aula do noso centro para despois chegar a dúas clases máis grazas a participación dunhas mestras e familias colaboradoras e xenerosas que souberon ver a importancia e finalidade de “Como peces en el agua”.

PhotoGrid_1496742891262.png

Ademáis o pasado fin de semana tivemos a posibilidade de levar o proxecto fóra do centro, amosando este traballo no noso barrio coa participación na “V edición Navia Parque D´Arte”.

A creación de materiais manipulativos por parte das familias de Infantil en cooperación coas mestras supón moito máis que a posibilidade de ampliar o xogo dos cativos, supón un traballo marabilloso de pais e fillos creativos, supón a posibilidade de traballar cunha ollada diferente, que os cativos poidan manipular libres aprendendo o mesmo tempo os conceptos a través destes recursos, desenrolando destrezas, creando un novo ambiente na escola, apoiando o traballo diario das mestras, desfrutando a ledicia de sentiren os materiais como propios, valorar o traballo persoal e o dos compañeiros, etcPhotoGrid_1496741897466.png

Dende a ANPA “O Muiño” queremos agradecer a todos o esforzo e interese por facer esta iniciativa unha realidade, por facer unha comunidade educativa verdadeira no que escola e familia achéganse e cooperan en beneficio de todos, pero principalmente, no beneficio dos pequenos e pequenas.

Abrir a porta a unha forma de aprendizaxe respetuosa cos ritmos, dinámica e funcional é un paso de xigante dentro do cambio educativo.

Por suposto temos a ilusión de que este proxecto perdure, que se sumen máis mestres, máis familias, máis cativos… que estes recursos cheguen a primaria para axudar a facer un ciclo no que teña cabida a experimentación dos conceptos, o diálogo entre os rapaces, o traballo cooperativo… facer do noso Castelao unha escola viva.

Que “Como peces en el agua” sexa a pioneira moitas novas colaboracions en pro dunha escola respetuosa dende todos os membros da Comunidade.PhotoGrid_1496742034713.png

El niño tiene cien lenguajes, cien manos, cien pensamientos, cien formas de pensar, de jugar y de hablar, cien siempre cien formas de escuchar, de sorprender, de amar, cien alegrías para cantar y entender”

Loris Malaguzzi

Anuncios