Baile:

Infantil:
A través de xogos trátase de desenvolver a psicomotricidade dos/as nenos/as, así como a súa capacidade rítmico-musical, a súa memoria e a súa consciencia espacial.

Primaria:
A través de coreografías deseñadas pola profesora e de exercicios técnicos, os/as nenos/as aprenderán diferentes estilos de danza como danza clásica, contemporánea, jazz, break dance, samba, funky, tango, cabaret, tradicional galega, etc.
Así como elementos doutras disciplinas (capoeira, mimo, acrobacia, ioga, etc.) e accións cotiás, aplicadas á danza.

Impartido por Pia Nicoletti.

Anuncios