Desde a A. VV. Novo Vigo nos fan chegar esta información acerca da modificación do plan parcial de Navia.

“Boas, tal como falamos, temos creado un grupo de traballo para á elaboración de ALEGACIÓNS Á MODIFICACIÓN DO PLAN PARCIAL DE NAVIA, aínda así se sabedes de alguén “experto” que poida botar unha mano que se poña en contacto connosco, grazas. Dita modificación está en fase de información pública. Ó longo do mes pasado, e durante estes días, todxs xs propietarixs de vivendas, dentro do ámbito de actuación, e como titulares catastrais de terreos afectados, están a recibir unha comunicación do Concello, tal e como indica a Lei, para dar traslado do acordo de Xunta de Goberno e informando do periodo de información pública:

Sométese a información pública o expediente incluíndo o resumo executivo, polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia, no Taboleiro de edictos desta XMU e na sede electrónica do Concello de Vigo. Durante o período de información pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1a.php?lang=gal#/) e no Portal de Transparencia, así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, a efectos de que durante o dito período poidan formularse as alegacións e suxestións pertinentes.”

Enlace á web do Concello: http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1a.php?lang=gal#/

O período de presentación de alegacións remata o 6 de maio para alegacións públicas (Entidades e/ou persoas non directamente afectadas).
Para os titulares de terreos afectados (notificación do Concello), o periodo de alegacións é de dous meses a partir da recepción do escrito (igualmente, recoméndase presentalas en periodo de alegacións públicas).
Unha vez estudado o proxecto e preparadas as alegacións oportunas, CONVOCAMOS ASEMBLEA ABERTA INFORMATIVA o, vindeiro xoves, día 19 de abril do 2018 ás 19:30h, para presentación das mesmas e dar toda a información necesaria.
Lugar: Rúa As Teixugueiras, 11 – Baixo, de Vigo _Local de CC.OO._

Debido a extrema importancia do tema a tratar para todo o noso Barrio, convocamos a sistir a esta asemblea a toda a veciñanza, como titulares catastrais de terreos afectados.

Envíase cartel, imprime unha copia e colócaa nun lugar visible no teu portal, GRAZAS!!

Enlace o noso FB: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2031167486924307&id=355267837847622

Asemblea PlanParcial.JPG

Anuncios