Prezadas familias,

Como sempre o Ceip Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, coa colaboración da ANPA do colexio “O Muíño”, potencia e dinamiza o día 30 de xaneiro como día mundial pola PAZ e a CONVIVENCIA.

Este ano para nós é unha data especial porque tamén queremos colaborar coa Asociación “Bicos de Papel”(Asociación sen ánimo de lucro que nace da unión dunhas familias que un día recibiron a noticia de que os seus cativos tiñan cancro)

Con tal motivo, este día desenvolveremos unha serie de actividades:

★    Ás 11h30: inaguración simbólica da aula de psicomotricidade do edificio de infantil co nome “BICOS DE PAPEL” (por motivos de espazo limitado e seguridade, este acto o faremos coas familias e alumnado de infantil)

★    Ás 12 h: Convidada toda a comunidade educativa na pista cuberta de primaria:

•         Baile zumba “Madre tierra”: alumnado de infantil e primaria

•         Posteriormente gozaremos da actuación de “Cé Orquestra Pantasma” (Músico vigués autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais)

CONTAMOS CON VÓS NUN ACTO QUE CONSIDERAMOS MOI LINDO E EDUCATIVO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. Tamén están convidados os medios de comunicación para que asistan a este evento.

Anuncios