O pasado 24 de febreiro celebramos a festa de Entroido no colexio.

Pola mañá a Anpa aproveitou a ocasión para repartir un delicioso vaso de chocolate quente entre todo o alumnado e profesorado. A continuación todas as familias puideron gozar do tradicional desfile de infantil e primaria.

chocolatada

chocolatada-2

Con motivo do ano do Turismo sostible, os alumnos percorreron o mundo por varios países. No caso dos cativos do colexio, representaron a Italia vestidos de gondoleiros, todos ben simpáticos cos seus gorros.

general-gondoleros

Os nenos e nenas de 1º de primaria visitaron este ano Holanda e nos trouxeron un baile desas terras de queixos e tulipáns. 2º de primaria representou a África. Ataviados de lanzas e acompañados de animais salvaxes, bailaron ao ritmo de Shakira. A continuación, os nenos e nenas de 3º leváronnos ao continente asiático para visitar a cultura chinesa.

1-2-y-3

No caso de 4º de primaria, o país elixido foi Perú e luciron orgullosos os seus ponchos e gorros. Incluso houbo algún instrumento típico desta cultura. Os alumnos de 5º asistiron á festa coas súas mellores galas ao estilo inglés, tanto nobres como campesiños demostraron ter moita marcha ao ritmo da música. Por último, os maiores do colexio fixeron de turistas e auxiliares de voo, acompañados de cámaras de fotos e maletas.

45-y-6

Ao remate do desfile, as familias tiveron a sorte de compartir a merenda de produtos típicos de entroido cos seus fillos e fillas e o profesorado.

fin-desfile

Pola tarde, a Anpa organizou un obradoiro de entroido no que os asistentes puideron elaborar máscaras. Por outro lado, contamos coa presenza dun xurado excepcional, composto por alumnos e alumnas de 6º, para valorar os disfraces. Todos os inscritos tiveron un agasallo simbólico por participar e os asistentes tamén puideron gozar dunha pequena merenda.

E, para rematar a festa, déronse a coñecer os gañadores do concurso de disfraces. Parabéns para todos!

Grazas a todas as familias que colaboraron no desenvolvemento da festa, así como ás presentadoras e persoal do centro. Tamén queremos agradecer a colaboración de “Nolotire Vigo” pola doazón de artigos para os premios do concurso.

 

Esperámosvos na seguinte festa! Un saúdo a todas as familias.

Anuncios