Todos os asistentes á festa de Nadal organizada pola ANPA puideron gozar dos obradoiros de pesca, buscatesoros e maquillaxe. Ademais, tamén puideron aproveitar para confeccionar as súas propias cartas para o buzón de nadal e participar na tómbola.

Tivemos a sorte de contar coa visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente que repartiron unhas galletas especialmente elaboradas para a ocasión.

A continuación, grazas á colaboración das familias, contamos coa tradicional chocolatada acompañada duns deliciosos churros.

Para rematar a festa, realizouse o sorteo da cesta de nadal ofrecida polas familias de 6º para a excursión de fin de curso.

Desde aquí queremos agradecer a todas aquelas familias que colaboraron para o correcto decurso da festa e aproveitamos para darvos a oportunidade de facernos chegar as vosas opinións a través do correo electrónico (anpaomuino@gmail.com) ou en horario de atención para poder seguir mellorando para as próximas ocasións.

navidad1

navidad2

navidad3

Anuncios