Nas últimas semanas producíronse varias accións e novas sobre a nosa loita para que a Consellería realice un estudo xusto sobre o reparto das prazas de ensino secundario nos institutos de Vigo.

Son varios os medios de comunicación que publicaron novas ou cartas escritas por familias afectadas por esta lamentable situación.

No Faro de Vigo, publicáronse as seguintes cartas ao director:

Planificación educativa, por Antonio Vázquez Vázquez

Educación en Navia, por Vanesa Resúa Eiras

Por outra parte, outros medios se fixeron partícipes na publicación de artigos sobre a entrega dos escritos preparados polas familias:

Cadena Ser: Foanpas quiere una nueva zonificación escolar

Faro de Vigo: Foanpas reclama un estudio de la demanda para hacer una nueva zonificación más justa

Galicia Confidencial: Anpas de Vigo presentan 1.200 firmas para esixir que a Xunta inicie o estudo para unha nova zonificación escolar

La Voz de Galicia: Ampas de Vigo presentan 1.200 firmas para exigir una nueva zonificación

Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a María por colaborar con nós na entrega dos escritos e tamén pola súa paciencia.

Ademais, no día de hoxe realizouse unha rolda de prensa para presentar o vídeo de protesta publicado en YouTube para denunciar a situación actual do alumnado de secundaria da nosa cidade.

Faro de Vigo: Foanpas lanza un vídeo para difundir la necesidad de un nuevo mapa escolar en la ciudad

Aquí tedes a ligazón ao vídeo para que podades difundilo a través das vosas redes sociais e contactos para que teña a repercusión que merece

YouTube: Zonificación en Vigo

 

Anuncios