Estimadas familias:

A Consellería de Educación ven de modificar de novo a adscrición de xeito TOTALMENTE IRREGULAR. Perxudica ás familias sen procurar unha solución para o problema que padecemos. Modifica a adscrición ou di que a modifica, porque o fai sen seguir os trámites que a propia normativa establece e sen achegar ningunha constancia por escrito aos centros afectados.

En primeiro lugar, as súas decisións non son avaladas por ningún estudo técnico: son arbitrarias e inxustas.

En segundo lugar, impón as súas decisións sen seguir os cauces legalmente establecidos para facelo e sen pasar a súa proposta polo Consello Escolar Municipal. É dicir, dá un novo paso: LEVA TEMPO NINGUNEANDO ÁS FAMILIAS, PERO AGORA TAMÉN NINGUENA ÁS INSTITUCIÓNS. Publica o cambio directamente a través das páxinas web dos centros implicados.

Por iso pedimos, unha vez máis, a vosa colaboración, participando na campaña de envío de comunicados ás autoridades que, conxuntamente, propuxemos desde todas as ANPAs hai uns días. E para facilitar a entrega dos comunicados no rexistro, podedes deixar os vosos escritos asinados no local da ANPA, ou facelos chegar polos vosos fillos dende o luns 30 ata o mércores 1 entre as 16:00 e as 17:00 horas. Nós, desde a ANPA, presentaremos os escritos no rexistro, nun acto común que, esperamos, sexa tamén masivo en canto a número de presentacións. Tamén propomos a opción para aquelas familias que desexen facelo presentar os escritos por rexistro de forma diaria.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo a todas as familias.

Indicacións_para o envío masivo

Correo envío masivo

Anuncios