Tras as reunións mantidas con FOANPAS e ANPAS doutros centros afectados pola distribución de centros adscritos, convocamos unha reunión informativa para dar a coñecer as novidades sobre este asunto e na que se explicarán as accións que se levarán a cabo nas próximas semanas co fin de obter o apoio de todas as familias da nosa comunidade educativa.

Por todo isto, invitamos a todas as familias a encher o formulario proposto para saber a opinión precisa sobre este tema. Podedes atopar dito formulario no blog da ANPA (https://anpaomuino.wordpress.com/2017/01/20/enquisa-sobre-a-zonificacion/). Pregamos que se deposite nunha caixa de correo deseñada exclusivamente para a zonificación e que estará dispoñible ata o martes 24 de xaneiro na entrada principal do centro.

Data e hora: MÉRCORES 25 DE XANEIRO DE 2017 ÁS 19:00 HORAS.

Lugar:  SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

Anuncios