O pasado día 21 de decembro o alumnado e profesorado do CEIP Castelao recibiron unha visita moi especial. Papá Noel percorreu todas as aulas para desexarlles aos nenos e nenas un bo nadal e darlles un pequeno agasallo en forma de caramelos. Asimesmo, tamén quixo aproveitar a ocasión para visitar ao profesorado e facerse unha fotografía con cada grupo como recordo.

A continuación, tedes unha pequena mostra das fotografías que puidemos tomar deste momento tan especial.

As fotos de grupo se entregarán ao profesorado para todas aquelas familias que estean interesadas xunto coas fotografías que formaron parte do calendario a beneficio da clase de 6º curso.

Anuncios