Etiquetas

, , , ,

BASES APRENDO A XOGAR 2016

Programa para coñecer e iniciarse en diversas modalidades deportivas: fútbol, balonmán, baloncesto, atletismo, ciclismo, bádminton, fútbol praia, boxeo, surf, rugby, béisbol, pesca, voleibol de praia, judo, balonmán praia, fútbol sala, petanca, hóckey sobre herba, xogos populares, baile moderno, pas de praia, birlos, dardos, wushu, vela, voleibol, saltos, chave, preparación física e primeiros auxilios.
As actividades serán impartidas por persoas adestradoras e monitoras de todas as modalidades deportivas e contarán coa colaboración de deportistas de elite.
  • Data: do 27 de xuño ao 1 de xullo
  • Horario: de 9 a 14 h
  • Dirixido a: nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2010
  • Número de prazas: 600
  • Prazo de inscrición: desde o 8 de xuño ata esgotar as prazas
  • Lugar: Campo de fútbol do Vao, Campo de Leri e praia do Vao, Coruxo
  • Prezo: 30 €. Segunda/o irmá/n e seguintes, 15 €
    A actividade será gratuíta para as nenas e nenos con ambos os proxenitores en situación de desemprego (deberá acreditarse mediante a presentación das tarxetas de demandantes de emprego xunto coa solicitude)
  • Lugar de presentación:
    • Sede do Coruxo Fútbol Club (estrada do Vao, s/n)
    • Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra: rúa Oporto, núm. 3, de luns a venres, de 8.00 a 15.00 h
  • Formulario de solicitude
Anuncios