Etiquetas

, , ,

 

Có motivo do día Mundial do Medio Ambiente, desenvolveránse no fin de semana do 4 e 5 xuño, terá lugar “A Pedaliña 2016”.
O sábado 4 dende as 17:00 ás 21:00 horas realizaranse no Parque do Castro actividades de educación vial, sesiones didácticas con suxerencias para deixar os ruedins, clases para adultos, bicicletas BMX freestyl e bikeTrial, desfrutar dun Mini Bike Park e cirucuitos de habilidades, obradoiros nos que se impartirán nocións básicas da mecánica da bicicleta, bicis eléctricas, tándem da ONCE, ademais dun circuito de BTT por todo o parque que se desenvolverán monitores cualificados. Tamén haberá hinchables, xogos de mesa e obradoiros de manualidades.
O domingo 5 a partires das 11.00 da maná celebrarase unha marcha popular en bicicleta polas rúas de Vigo, que sairá da Porta do Sol e fará un percorrido circular que rematará no mesmo lugar cunha duración estimada de dúas horas.
Esta iniciativa conta con apoio do Concello de Vigo en colaboración coa Asociación “A golpe de pedal” que ven desenvolvendo numerosas actividades relacionadas coa temática exposta, na procura de promocionar e sensibilizar sobre o uso e desfrute da bicicleta.

 

Anuncios