Etiquetas

, , , ,

 Neste curso poñemos en marcha unha nova actividade para promover a reflexión e o debate sobre educación entre as familias:
FALADOIRO CON JAVIER URRA
 
EDUCAR CON SENTIDO COMÚN” 
 
Trátase dun debate en torno ao libro Educar con sentido común. Todo lo que hay que saber para que tus hijos y tú seais felices de JAVIER URRA, psicólogo e pedagogo terapeuta, quen neste libro dá as claves necesarias para formar aos/ás nosos/as fillos/as con intelixencia, equilibrio emocional e valores.
A actividade terá lugar o XOVES 9 de XUÑO as 17:30 no salón de actos do IES ROU (República Oriental de Uruguai, rúa Coutadas nº54, Vigo) e contaremos coa presenza do autor, Javier Urra, para plantexarlle as cuestións que consideredes.

 

A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 7 de xuño.
En FOANPAS dispoñemos de 3 exemplares que podedes solicitar en calidade de préstamo para ler no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com (hai que agardar confirmación para recollelo).

Pregamos difundades esta información entre a comunidade escolar do voso centro (nais/pais, mestres/as, orientador/a…). Contamos con vós!
Agardamos sexa do voso interese.
Anuncios