Etiquetas

, , , , ,

Axúntase información das II XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN que se celebrarán o vindeiro 9 de abril no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida 160).
Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público nas que contaremos con persoas referentes no eido da
Igualdade de xénero 
María José Méndez – profesora da USC 
Ana García – axente de igualdade do concello de Vigo  
e Alba Alonso – nai, mestra e doutora en filoloxía inglesa , 
da diversidade sexual 
Cristina Palacios – presidenta de ARELAS – 
e Paula Fernández – axente de transformación  
da trata de mulleres e nenas 
Mabel Lozano – modelo, actriz e documentalista
As inscricións poden facerse ata o 7 de abril no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

 

Contaremos con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos, previa inscrición e se se acada un número mínimo de nenos/as inscritos/as.

 

Anuncios