Zonificación: entrega de sinaturas

O pasado día 29 de xuño tal e como acordou a comisión de zonificación desta Anpa fíxose entrega, no registro da Xunta, das 290 sinaturas recollidas nas que as familias amosan o seu rexeitamento á adscrición ao IES Valadares e esixen que se revisen as prazas destinadas para Educación Secundaria e se distribúan seguindo criterios equitativos e xustos para todas as zonas educativas.

Anuncios

Circular informativa fiesta fin de curso

Queridas familias:
Como todos los años, durante la fiesta de fin de curso se organizará una merienda para el alumnado. Para ello pedimos la colaboración de las familias que podrán depositar los productos (gusanitos, patatas, etc.) debidamente precintados y sin caducar el jueves a la entrada o salida de las clases o el viernes a la entrada de la fiesta. De la bebida nos encargaremos nosotros.

Como novedad, este año se hará entrega de una pulsera identificativa para las familias asociadas. Cada pulsera será personal y los niños deberán llevarla puesta para disfrutar de todas las actividades programadas para ese día. Aquellas familias no asociadas deberán abonar la cantidad de 2€ para contribuir a la organización de la fiesta.

Recordamos además que los menores (incluidos antiguos alumnos) deberán estar acompañados por un adulto.

Un saludo para todas las familias.

Seguimos reclamando unha adscrición xusta

A ANPA do CEIP Castelao segue reclamando unha adscrición xusta

Durante as últimas semanas, a ANPA do CEIP Castelao de Navia está levando a cabo accións para que se atendan as necesidades educativas do noso barrio. Por este motivo, esta mesma mañá as familias deste centro concetráronse na entrada do colexio para reclamar unha adscrición xusta que non obrigue ás nenas e nenos deste centro a desprazarse a máis de dez quilómetros dos seus fogares con once anos para cursar primeiro da ESO.
Consideramos inaceptable que o alumnado do noso centro teña que desprazarse esta distancia por unha deficiente xestión da administración educativa, que debería organizar os recursos dispoñibles para atender nas mellores condicións posibles ao alumnado. A adscrición do CEIP Castelao ao IES de Valadares non se basea en criterios obxectivos de proximidade, xa que hai varios institutos moito máis próximos ao colexio e hai moitos colexios máis próximos ao IES de Valadares que non están adscritos a este instituto.

Os criterios de proximidade, aplicados para o resto dos colexios de Vigo na asignación do instituto adscrito, deben ser tamén válidos para este. Pero despois do sucesivo cambio de centro adscrito nos últimos cursos do noso colexio (que xa pasou do CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro e despois ao IES Alexandre Bóveda, co conseguinte trastorno para as familias que teñen fillas e fillos escolarizados en distintos centros), no curso pasado pasou a estar adscrito, en contra da opinión das familias, ao IES de Valadares.

Por iso, dende a ANPA seguimos rexeitando a adscrición do CEIP Castelao ao IES de Valadares, e esiximos á Consellería de Educación que estableza unha zonificación xusta que non discrimine a ningún neno ou nena da nosa cidade polo colexio no que estea escolarizado.

Xunta de Galicia: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Mañana ábrese o prazo para a presentación das solicitudes para o fondo solidario de libros e as axudas para libros de texto e material escolar (só para primaria). Por primera vez poderase realizar a solicitude por vía telemática.

O prazo remata o próximo 22 de xuño.

Na seguinte ligazón encontrardes toda a información sobre as axudas: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Proyecto “Patio Vivo”

¿En qué consiste el proyecto de patio vivo? Se trata de un espacio de aprendizaje, que motive la buena convivencia, el juego libre, la creatividad, los hábitos de vida saludable, el contacto con la naturaleza y el aprendizaje a partir de la experiencia.

En el siguiente documento encontraréis el proyecto base para que os hagáis una idea. La comisión junto con el resto de la comunidad educativa están trabajando para llevar a cabo este proyecto y le darán forma según las necesidades específicas de nuestro centro.

PROPOSTA DESCRITIVA E ORZAMENTO INICIAL PATIO VIVO NAVIA

Alegacións ao plan parcial de Navia

Desde a A. VV. Novo Vigo envían a seguinte mensaxe:

Queremos ter unha #NaviaVerde
Echeremos o noso barrio de lazos verdes nas fiestras!!

Tras a asemblea informativa celebrada para presentar a “Modificación do Plan Parcial de Navia”, desde a Asociación Veciñal de Novo Vigo consideramos necesario realizar as seguintes alegacións:

1. VIVENDAS E TIPOLOXÍA.
2. ZONAS VERDES E MASA FORESTAL.
3. APARCADOIROS EN SUPERFICIE.
4. EQUIPAMENTOS EDUCATIVOS, CULTURAIS E SOCIAIS.
5. PROTECCIÓN ACÚSTICA.

Queremos que todas e cada unha destas alegacións sexan estimadas!!

Poremos mesas informativas -precisamos da vosa colaboración- queremos que esta información chegue a toda a veciñanza.

Participa!!

DIFUNDE!!

Nota: As alegacións están dispoñibles poñéndovos en contacto coa Asociación para que todas e cada unha das persoas maiores de idade afectadas, poidan presentalas a título individual.
email: info@avvnovovigo.org

Na seguinte ligazón podedes descargar as alegacións para asinalas: Descarga das alegacións